Caldas, Cuntis e Moraña reciben 392.000 euros do canon de explotación do embalse do Umia
Por Redacción
O Consello da Xunta autorizou este xoves o convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e os concellos de Caldas, Cuntis e Moraña a través do que Augas de Galicia transferiralles 392.535 euros procedentes do canon de explotación do encoro do Umia para o financiamento de actuacións educativas e sociais nestes tres municipios.
A Deputación de Pontevedra, colaboradora no convenio, encargarase de administrar estes fondos entre os tres concellos e velarporsu correcta aplicación.
Os fondos achegados por Augas de Galicia, procedente do canon que está obrigada a pagar a empresa concesionaria da explotación hidroeléctrica da presa de Caldas de Reis, rolda os 130.000 euros para cada un dos concellos que poderán empregalo para xustificar actuacións educativas ou sociais desenvolvidas no ano 2020.
Desde o ano 2002, a Xunta asignou xa máis de 6,6 millóns de euros en concepto de canon de explotación do encoro a estes municipios que serviron para levar a cabo numerosas actividades destes ámbitos.
Relacionadas:
-
Nova compensación para Caldas, Cuntis e Moraña pola explotación do encoro do Umia
Por Redacción |
-
Cumio entre Moraña e Cuntis para reforzar a súa cooperación interterritorial
Por Redacción |
-
O BNG de Caldas acusa á Xunta de "temeraria e irresponsable" polo seu silencio ante o estado do encoro do Umia
Por Redacción |
-
Culpan ao "desleixo" das administracións do "deplorable" estado do encoro do Umia
Por Oskar Viéitez |