Portas amplía a súa oferta de servizos aos seus veciños coa adquisición dunha picheira
Por Redacción
O Concello de Portas recibiu este xoves unha máquina para producir piche que permitirá mellorar a seguridade viaria nas estradas e camiños de titularidade municipal.
Esta maquinaria, valorada en 15.000 euros e adquirida a través do Plan Concellos, amplía o abanico de servizos que os operarios do servizo de obras prestan aos veciños do municipio.
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez Chantada, manifestou a súa satisfacción por poñer contar cunha máquina que permitirá atender as demandas da poboación do rural en materia de bacheo.
“Cremos que lle podemos sacar un bo partido a esta máquina e a este investimento posto que axudará a mellorar a seguridade viaria na extensa rede de estradas e camiños do municipio que superan os 80 quilómetros na súa totalidade e que precisan dunha atención continua para mellorar o seu estado e garantir que se atenden todaa as demandas dos nosos veciños” indicou o rexedor.