Moraña programa tres talleres sobre saúde e igualdade
Por Redacción
O Concello de Moraña pon en marcha tres talleres de Servizos Sociais centrados no fomento da igualdade e a saúde. Estes cursos comezarán no mes de outubro e prolongaranse ata finais de decembro cun total de entre 8 e 14 sesións.
O primeiro obradoiro en comezar será o lúdico termal orientado a persoas con discapacidade motora que terá lugar nas Termas de Cuntis durante dez quendas. O obxectivo é mellorar a calidade de vida, autonomía e mobilidade dos participantes.
Doutra banda, o 15 de outubro darán comezo os Encontros de Mulleres que están encamiñados a fomentar a participación, a comunicación e a colaboración social e comunitaria das usuarias. Con esta actividade preténdese previr a violencia machista. Terá 14 sesións os luns de todas as semanas.
O obradoiro de Relaxación Física e Mental empezará o 19 de outubro para abordar dun modo natural o tratamento da ansiedade e os problemas derivados da tensión con encontros grupais reducidos que inclúen actividades de relaxación e adestramento de habilidades protectoras e cognitivas.
Os talleres, financiados pola Deputación, celebraranse en grupos reducidos e cun estrito cumprimento dos protocolos sanitarios. Para inscribirse é necesario poñerse en contacto co Concello de Moraña (986 553005).
Relacionadas:
-
Co Mes da Muller, volven a Moraña os encontros do Círculo das Mulleres nas parroquias
Por Redacción |
-
José Cela toma posesión como alcalde de Moraña
Por Redacción |
-
O Concello de Moraña ten preparada a remodelación do Campo de Mirallos
Por Redacción |
-
Moraña reforza o Servizo de Axuda no Fogar pola crise do coronavirus e suma sete novos usuarios
Por Redacción |
-
Os servizos sociais de Moraña prestan atención a 160 familias durante a corentena
Por Redacción |