A Policía Nacional presenza un acto de trapicheo de drogas e detén un dos dous implicados
Por Redacción
Un veciño de Pontevedra foi detido nas últimas horas pola Policía Nacional despois de que unha patrulla presenciase un movemento de trapicheo de drogas entre el e unha segunda persoa.
Segundo a información facilitada pola Policía Nacional, os axentes que realizaban labores de prevención da seguridade cidadá pola zona monumental observaron a presenza de dous homes que en actitude sospeitosa que se dirixían a unha esquina para ocultarse das miradas e levaban a cabo o que parecía ser un intercambio.
Os axentes identificáronos e realizáronlles un cacheo preventivo. A un deles incautáronlle un envoltorio cunha substancia que parecía ser cocaína e levantáronlle unha acta de incautación de substancias estupefacientes.
Ao outro individuo os axentes localizáronlle nos petos catro pastillas de cor verde que parecían ser éxtase, unha bolsa termo selada que tiña dentro unha substancia que parecía ser cocaína e 135 euros en billetes repartidos nos petos. Nunha riñonera levaba outros 830 euros en billetes fraccionados, un total de 965 euros.
Este segundo individuo foi detido por un delito de tráfico de drogas e trasladado a dependencias policiais.