Piden autorizacións a Defensa para retomar o proxecto do novo campo de fútbol de Salcedo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra ten intención de reactivar o proxecto para construír un novo campo de fútbol de herba sintética na parroquia de Salcedo e, para facelo realidade, xa realizaron os primeiros trámites ante o Ministerio de Defensa, pois o terreo no que se pretende obrar está preto das instalacións da Brilat.
O proxecto está impulsado pola Concellería de Deportes, que acaba de remitir sendas solicitudes de autorización a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (Aesa) e ao Ministerio de Defensa.
O Concello debe pedir autorización a Defensa porque o campo quere facerse nuns terreos que se usaban antigamente como campo de tiro da Brilat, aínda que pasaron a mans dos comuneiros de Salcedo por sentenza xudicial.
Ademais, deben pedir permiso a Aesa porque as torres de iluminación do futuro campo de fútbol terán unha altura duns 20 metros “e a normativa de servidumes aeronáuticas obriga a pedir autorización. Xa se lle enviou o proxecto básico e de execución deseñado polos arquitectos Jorge Santos, José Carlos Mera (de Santos y Mera Arquitectos SLP) e Gustavo Pérez.
A presenza de petróglifos no contorna da parcela na que se creará o novo campo de fútbol, tamén obrigará á Concellería de Deportes a informar á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Tino Fernández sinala, en todo caso, que están "bastante lonxe" e chegará con que o arqueólogo municipal, Xoán Carlos Castro, emita un informe ao respecto.
Ademais, segundo deu a coñecer este domingo o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, a Xunta de Goberno Local abordará "pronto" a aceptación dos 14.800 metros cadrados de terreo de solo rústico de protección forestal que a Mancomunidade de Montes de Salcedo acordou ceder ao Concello o ano pasado para uso deportivo.
O obxectivo municipal é desatascar o proxecto nos vindeiros meses. Trátase dunha actuacion que ten un orzamento de execución de case 1,7 millóns de euros e que leva estancado dende 2018.
O campo de fútbol proxectado terá unhas dimensións de 100x58 metros e o pavimento de herba artificial deberá superar os parámetros de durabilidade máis esixentes e ter unha resposta deportiva das máis altas prestacións homologables pola FIFA.
O proxecto plantexa un conxunto de novas edificacións que integra todas instalacións que require o terreo de xogo, catro vestiarios para xogadores, dous vestiarios para árbitros, almacéns e unha bancada elevada.
Relacionadas:
-
Carmela Silva e Fernández Lores repasan os cinco anos de "colaboración e lealdade" entre a Deputación e o Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello recepciona os terreos cedidos para construír o campo de fútbol de Salcedo
Por Redacción |
-
Tino Fernández solicita a sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación para financiar o campo de fútbol de Salcedo
Por Redacción |
-
A COVID devolve a actividade ao campo do Casal, ao que regresan os equipos da SCD Salcedo
Por Diego Espiño |
-
O campo de fútbol, primeiro paso para o gran centro deportivo e de lecer de Salcedo
Por Alejandro Espiño |
-
70 anos de paixón polo fútbol modesto na SCD Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O PP propón trasladar o petróglifo aparecido en Salcedo para construír o campo de fútbol
Por Redacción |
-
Proxectan a construción dunha grande área deportiva e de lecer no monte de Salcedo
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |