Vilanova súmase aos concellos con restricións e o alcalde aconsella: "Del trabajo, para casa y de casa, para el trabajo"
Por Natalia Puga
"Si no queremos estar cerrados y con un daño económico durante meses, yo aconsejo, a parte de las medidas que marcan, del trabajo, para casa y de casa, para el trabajo, suspender, en la medida de lo posible, la vida social". É o consello que lanzou este venres o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, tras coñecerse que neste municipio hai 20 casos activos e a Xunta de Galicia engade medidas de restrición.
A Consellería de Sanidade acordou este venres a inclusión de Vilanova de Arousa no conxunto de concellos con medidas de restrición. A decisión adoptouse tras a reunión do Subcomité clínico de expertos sanitarios, á vista da situación epidemiolóxica da Covid-19 en Galicia.
O alcalde mostrouse moi duro cos comportamentos da poboación en xeral en canto ás medidas de seguridade recomendadas para evitar a propagación da Covid-19 e sinalou que, ao seu xuízo, "cada persona que se dedique este fin de semana a hacer vida social será responsable de que este foco no se corte".
O consello do alcalde de cortar coa vida social é, tal e como el mesmo recoñece, unha restrición maior que as medidas acordadas pola Xunta de Galicia, pero el xustifícao porque "é mellor fame para hoxe e pan para mañá, é mellor ser duros ao principio, cortar a trasmisión e, cando baixemos de casos, volver facer vida normal, senón terminaremos confinados en casa".
Esta medida publicarase este venres no Diario Oficial de Galicia, entrará en vigor a medianoite e revisarase en sete días.
Entre estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas reunións tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
Vilanova de Arousa pasa a formar parte do grupo de concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés con restricións, que inclúe Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín e Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
Vilanova traballará nas escolas: "Vamos a pedirle a los niños que sean más conscientes que los adultos y lleven la conciencia a casa"
Por Natalia Puga |
-
"A día de hoy, no hay contagios en los colegios, son niños contagiados por sus padres o familiares"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Continúa o avance de positivos na área sanitaria, que sumou 36 novos brotes desde que hai restricións
Por Natalia Puga |
-
Sanidade impón restricións a Marín ante o incremento de casos de COVID-19
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade aprecia unha transmisión "importante" da COVID-19 por reunións entre amigos e familiares
Por Alejandro Espiño |