Indignación pola absolución a un pontevedrés que paseou a súa cadela arrastrándoa sobre o costado
Por Natalia Puga
Dous pontevedreses foron xulgados por un delito de maltrato e abandono animal polo trato a unha cadela a Policía Local denunciou á que que paseaban afogándoa coa correa e arrastrándoa sobre o costado e por tela enche de pulgas ata o punto de que unha veterinaria asegurou que estivera ao bordo da morte. O Xulgado Instrución número 2 de Pontevedra acaba de ditar sentenza e absolveunos. A resolución espertou "indignación y sorpresa" por parte da protectora de animais Os Palleiros.
"Estamos muy indignados y muy frustrados porque si una asociación que pelea por el bienestar animal no recibe apoyo de las instituciones y los juzgados imagina qué nos queda", sinalan dende a protectora.
O colectivo presentou acusación penal contra os dous denunciados e manifestaron o seu total descontento coa resolución xudicial porque entende que "prácticamente están diciendo que podemos llevar a rastras a nuestros perros que no pasa nada".
A súa frustración foi maior porque a resolución lles obrigou a entregar a cadela á súa dona e o seu xenro (os dous denunciados e absoltos), pois o animal estivo baixo a súa custodia nas dúas últimas semanas e aínda está a recibir tratamento externo e interno e "no sabemos si ahora van a seguir dándoselo".
O xuíz foi contudente na súa sentenza. Considera que a conduta do home ao que a Policía Local viu pasear a cadela "non merecería a cualificación de abandono", pois "só se pode falar dun comportamento que non puido durar máis de dous ou tres minutos. Ese comportamento non pode coincidir en ningún caso cun abandono".
O xuíz: "arrastrar a unha cadela que non se quere mover uns catro metros e levala tirando da correa non chega aos límites que require o dereito penal"
"No trato a animais domésticos existen todo tipo de comportamentos problablemente algúns máis coidadosos co animal e outros menos, e probablemente moitos non axeitados e pouco respetuosos copropio animal, pero non podemos considerar estes últimos sempre como delito", engadiu.
Na súa opinión, recollida na resolución, "arrastrar a unha cadela que non se quere mover uns catro metros e levala tirando da correa para subila a unha altura de menos de 20 centímetros pode ser mellor ou peor considerado, pero non chega aos límites que require o dereito penal", e máis porque "non derivou lesión algunha para o animal".
En canto á dona do animal, á que a Fiscalía e Os Palleiros consideraban responsable dun abandono animal pola alta infestación de pulgas que presentaba, o xuíz conclúe que o seu comportamento "non merece resposta penal algunha por non ter abandonado en ningún caso ao animal e por, en todo caso, non concorrer dolo propio da conduta".
Os Palleiros preguntan ao maxistrado se hai que mirar cara a outro lado cando vemos un caso de maltrato"
Recolle que "queda moi lonxe da vontade da propietaria da cadela non coidar á mesma. Polo contrario, a súa vontadae clara era coidala e tentar poñer fin aos problemas que coas pulgas tiña. Sin embargo, foi a ignorancia da forma de facelo, e probablemente a situación persoal destes días, a que determinou que as accións que realizaba con esta finalidade foran non só ineficaces senón perxudiciais".
Entende que a muller "mercou produtos ineficaces, pero publicitados como dirixidos a ese problema, e os aplicou para, na súa ignorancia do improcedente do seu comportamento, acto seguido lavar á cadela co que eliminaba os xa escasos efecto dos produtos empregados".
Os Palleiros anunciou que seguirá a vái administrativa para reclamar aos dous absolvidos o custo do tratamento que tiveron que dar á cadela, e que requiriu unha trasfusión de sangue. Alegan que foi "de extrema urgencia" tratar a Yorkshire Terrier e deixan unha última pregunta ao xuíz que dictó a resolución: "nos preguntamos si nos está diciendo que hay que mirar hacia otro lado cuando vemos un caso de maltrato".