Decretan o ingreso en prisión para os dous detidos nunha lancha en Vilanova como presuntos autores dun delito de contrabando
Por Redacción
Prisión provisional comunicada e sen fianza para as dúas persoas que foron detidas no municipio de Vilanova de Arousa, esta foi a decisión do Xulgado de garda de Vilagarcía de Arousa no mediodía deste domingo despois de tomar declaración aos dous detidos, segundo informa a Garda Civil de Pontevedra.
Os cargos polos que se decreta este ingreso en prisión están relacionados co delito de contrabando de droga. Ambos os detidos foron localizados pola Garda Civil na zona do Cabo cando manexaban unha lancha motora de grandes dimensións, a Clímax II, con intención de trasladala a porto.
A embarcación atopábase baleira no momento en que os axentes realizaban a detención pero se investiga se foi utilizada para a realización dunha descarga de droga.
No operativo participan varias unidades da Garda Civil, entre as que se atopa a Policía Xudicial.