Dous feridos leves nun accidente cun coche envorcado en Nanín
Por Redacción
Aparatoso accidente de circulación o acontecido ao fío da madrugada deste venres a sábado en Nanín, na parroquia de Bordóns.
Dous turismos víronse implicados no suceso, unha colisión frontolateral que terminou cun dos coches envorcados sobre o asfalto da estrada PO-308.
Debido ao accidente dúas persoas, ocupantes do vehículo envorcado, resultaron feridas, principalmente por cortes en mans e brazos.
Segundo os servizos de emerxencia ambos foron atendidos e trasladados polo 061, en principio con prognóstico leve.
A pesar da aparatosidade do accidente, non foi necesaria a excarceración dos implicados.
No dispositivo de emerxencia, xunto ao 061, participaron efectivos de Emerxencias Sanxenxo, Garda Civil de Tráfico e Policía Local, ademais de trasladar o aviso o 112 aos Bombeiros de Ribadumia.