Marín aproveita o mal tempo para facer labores de roza e mantemento do acceso ás praias
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Marín aproveitará esta semana a pouca afluencia que terán as praias do municipio debido ao mal tempo para realizar labores de mantemento e roza do vial de acceso aos areais.
Operarios da Asociación Juan XXIII realizarán estes traballos entre este martes 18 de agosto e o próximo venres 21.
Para a realización destes traballos de maneira máis segura e eficaz será necesario cortar o acceso ao tráfico rodado, que entre as 7.30 e as 14.30 horas só estará permitido para residentes.
Os cortes ao tráfico rodado serán por diferentes zonas segundo o día. Este martes permanecerá pechada a zona que comprende dende a Escola Naval Militar ata a Barriada de Mogor.
O mércores e xoves o lugar cortado será o que vai dende a Barriada de Mogor ata a subida de Bagüín e o venres realizaranse estas tarefas de mantemento entre a subida de Bagüín e a rúa Gago de Mendoza.
Estas labores de limpeza teñen como propósito acondicionar o propio viario e os accesos aos areais da vila para as últimas semanas do verán, ademais do seu uso habitual como paseo o resto do ano.
LIMPEZA NOS APARCADOIROS DISUASORIOS
O Concello de Marín realizou recentemente labores de roza e acondicionamento nos dez aparcadoiros disuasorios da vila para a súa posta punto e mantemento de cara ao estacionamento de vehículos nestes lugares.
Entre todos estes aparcamentos disuasorios suman máis de 600 prazas de aparcamento e, debido ás demandas da veciñanza, o Concello anunciou que estudará as posibilidades de habilitar novas prazas de aparcamento nas zonas de Jaime Janer e nas inmediacións do centro de saúde.