"Sentimos unha enorme preocupación polo novo curso e a incorporación do alumnado e profesorado ás aulas"
Por Redacción
A invocación da novena extraordinaria de rogativa e acción de grazas a San Roque e a San Sebastián pola situación sanitaria do coronavirus celebrada este xoves correu a cargo do sector da educación. A profesora Elisa Sierra Martínez manifestou os seus medos de fronte ao novo curso académico: "Non hai verdadeira docencia sen clases presenciais e sentimos unha enorme preocupación polo novo curso e a incorporación do alumnado e profesorado ás aulas".
A docente é consciente de que nos colexios teñen que "seguir atentos e non baixar a garda", aplicando todas as medidas de hixiene e protección que sexan necesarias, por iso pediu a intervención de San Roque e San Sebastián por todos os docentes, "coa súa carga engadida, por esta situación, de preocupación e responsabiblidade", por todos os nenos que terán que incorporarse este novo curso seguindo os protocolos establecidos e polas familias que terán que adaptarse, "non sen dificultade", a esta nova situación.
Ademais, quixo pedir polas autoridades, para que "sendo conscientes do perigo que isto supón", proporcionen aos centros de enseñanaza "os materiais necesarios para aminorar os riscos".
Sierra Martínez acordouse especialmente dos nenos e das súas familias, quen, ás alancadas, víronse obrigados a facer a migración ao ámbito virtual, a fin de poder continuar coa súa formación. "Coma docente, sentín por primeira vez na miña vida, unha sensación de impotencia ao non poder comunicarme fisicamente cos meus alumnos", asegurou.
Esta profesora cre que os pais e nais foron "verdadeiros heroes" ao ter que conciliar xa non soamente as súas tarefas domésticas e postos de traballo, presenciais ou telemáticos, senón asumindo tamén a intermediación co profesorado.
A novena extraordinaria terminará este venres 14, por partida dobre, ás 11.00 horas na Real Basílica de Santa María a Maior e ás 19.00 horas na capela do Santo. En canto ás invocacións, este venres tomará a substitución unha persoa do ámbito da cultura e o xornalismo, o escritor Rodrigo Cota.
Relacionadas:
-
Pérez Ares, xefe territorial de Educación, revisa o protocolo anticovid no CEIP de Tenorio
Por Redacción |
-
Desacordo na corporación municipal de Marín sobre as medidas para garantir o inicio do curso escolar
Por Oskar Viéitez |
-
O escritor Rodrigo Cota: "Imaxinádevos, santos Roque e Sebastián, estando a cousa como está, as dificultades que temos para atopar traballos"
Por Redacción |
-
"As garantías sanitarias son a prioridade da Xunta para un inicio de curso seguro e dentro da máxima normalidade posible"
Por Oskar Viéitez |
-
O sector da limpeza urbana ante San Roque: "Non ter contacto físico cos meus fillos en 32 días foi o máis duro"
Por Redacción |
-
San Roque e San Sebastián reciben tamén invocacións en lingua de signos
Por Redacción |
-
"Solidariedade cidadá para frear os contaxios", petición do doutor Julio Diz no cuarto día de novena extraordinaria
Por Redacción |