PONMO busca modelos de pasarela. Apúntaste ao casting?
Por Redacción
PoDende a organización califican coma un "éxito" a resposta recibida ao casting aberto para a selección de modelos para participar en PONMO - Pontevedra Moda, o novo evento que a cidade de Pontevedra acollerá entre os días 26 e 28 de setembro.
Máis de 150 persoas de toda España presentaron, durante os dous meses que leva aberto o proceso por vía online, a súa candidatura para desfilar nas diferentes pasarelas e actividades que están programadas, o que vén a confirmar a expectación que está a causar entre o sector a iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo.
Co obxectivo de seleccionar os modelos que participarán de forma definitiva nesta pasarela, este xoves a sede de AEMPE (Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra) acollerá a partir das 16.00 horas o casting presencial. A organización da pasarela busca encontrar caras novas e estilos moi diferentes que se axusten perfectamente á filosofía do evento: "o apoio ao máis emerxente, non só no deseño senón tamén promovendo novas figuras da pasarela".
PONMO - Pontevedra Moda realizarase no Recinto Feiral o último fin de semana de setembro e ten como principal obxectivo volver posicionar á cidade no circuíto da moda. Contará cun showroom de deseño onde se mostrarán coleccións de roupa, xoiaría e complementos, así como co Certame Mara Martín PONMONOVO, que terá formato concurso e está reservado ás propostas de deseñadores noveis e a pasarela PONMO, onde deseñadores consagrados galegos darán a coñecer as súas últimas coleccións. Todo iso complementado con actividades de dinamización na cidade, exposicións e conferencias.
Relacionadas:
-
Un apoio 'real' para PONMO: Carla Royo-Villanova, princesa de Bulgaria, participará no certame
Por Redacción |
-
PONMO mostrará a moda de deseñadores recoñecidos e incluirá un premio aos novos valores
Por Natalia Puga |
-
Nace PONMO, unha pasarela de moda que "ni pretende ser lo que había ni pretende competir con lo que hay"
Por Alejandro Espiño |
-
Desaparecida Pontus Veteris, chega a pasarela PONMO
Por Oskar Viéitez |