Os soportes dixitais posiciónanse como os mellores aliados para a campaña turística 'Segue ou teu instinto' da Deputación
Por Redacción
Os obxectivos marcados pola Deputación de Pontevedra coa campaña promocional turística 'Segue e teu instinto' vanse alcanzado a teor dos resultados conseguidos durante os dez días do mes de xullo en que se estivo ofrecendo.
Acumula ata seis millóns de impactos visuais a través dos diferentes soportes dixitais que se escolleron para a súa difusión. Os medios de comunicación dixitais empregados para difusión da campaña recibiron ata 4.900.000 impresións, cunha resposta de visualización superior naqueles nos que se empregan vídeos para a promoción.
As redes sociais son outra das ferramentas utilizadas: Facebook e Instagram chegaron a superar as 460.000 impresións. De igual forma un soporte novo na campaña da Deputación foron as inferfaces das Smart TV que suman máis de 300.000 impactos. Engádense aos resultados, as sete mil visitas á páxina web de Turismo Rías Baixas.
Nesta primeira fase do plan promocional para reactivar o turismo e potenciar a marca Turismo Rías Baixas empréganse en maior medida imaxes nas que a natureza é a protagonista. Precisamente, os usuarios, optaron por visualizar nun número lixeiramente maior a peza promocional sobre a costa de Rías Baixas, que a xenérica ou a centrada en patrimonio.
A campaña ofrécese en formato bilingüe, con impacto na propia Comunidade Autónoma, o resto de España e Portugal. Nunha segunda fase, prevista para outono, centrarase en zonas estratéxicas de captación de visitantes, e en datas concretas de interese como poden ser as pontes festivas.
Relacionadas:
-
A campaña promocional 'Segue o teu instinto' da Deputación suma en Aveiro o seu noveno premio internacional
Por Redacción |
-
O audiovisual da campaña turística 2020 da Deputación logra dous novos premios internacionais
Por Oskar Viéitez |
-
O vídeo promocional das Rías Baixas "Segue o teu instinto" conquista o seu primeiro premio internacional
Por Redacción |
-
As Rías Baixas posiciónanse como destino turístico nun contexto xeneralizado de perda de visitantes
Por Manu Otero |
-
O conselleiro de Turismo asegura que "en Galicia estamos a resistir dun modo relativamente positivo"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación lanza a campaña de promoción turística "Ven" poñendo o foco na seguridade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación impulsa un Plan de Reactivación do destino Rías Baixas dotado con máis de 3,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Reapertura da oficina de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza
Por Redacción |