A Lama incorpora un vehículo para a brigada de obras e servizos
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, recepcionou este luns nas inmediacións do Consistorio unha furgoneta tipo "pick up" que se incorporará a labores de mantemento do Concello.
Trátase dunha axuda da Vicepresidencia da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental.
A nova furgoneta virá a incorporarse ao parque de vehículos municipais e terá como principal cometido os traballos de mantemento e conservación medioambiental que se levan a cabo por parte da brigada de obras e servizos do municipio.
Esta nova furgoneta "ten capacidade operativa para adaptarse ás necesidades dos distintos lugares e parroquias da Lama", dixo o alcalde.