As picaduras de faneca 'pasan' das praias de Poio
Por Redacción
A diferencia do que sucede noutros areais da Ría de Pontevedra, as picaduras de faneca apenas tiveron incidencia en Poio. Durante o mes de xullo, os socorristas de Xiorto, en Raxó, e Cabeceira, en Lourido, tiveron que atender un total de 15 picaduras, sete na primeira e oito na segunda .
Así o deu a coñecer este xoves o Concello de Poio con motivo do balance oficial de actividade dos seis socorristas que prestan servizo nas praias de Xiorto e Cabeceira en xullo, cando atenderon preto dun cento de incidencias.
En concreto, foron 96 as ocasións nas que tiveron que prestar auxilio aos bañistas, a través de diferentes intervencións. Segundo a información oficial facilitada polo Concello, no areal de Raxó o número de incidencias foi de 51 e en Cabeceira, 45. A inmensa maioría destas situacións non revestiron gravidade.
Máis do 38% destes labores consistiron en atender a usuarios que sufriron feridas por diferentes razóns, como caídas ou golpes.
Ademais, foi preciso atender a 30 persoas (18 en Cabeceira e 12 en Xiorto) tras sufrir picaduras de avespas, o que supón algo menos do 32% do total de incidencias.
Ata o de agora, o suceso de maior gravidade tivo lugar a principios de agosto, cando os socorristas que desenvolven o seu labor na praia da parroquia de Raxó tiveron que rescatar a un bañista que sufriu unha indisposición. En Lourido o 2 de xullo a intervención dos socorristas resultou decisiva para salvar a vida dunha persoa que sufriu unha parada cardiorrespiratoria.
Dúas persoas sufriron queimaduras por exposición ao sol (un en cada areal) e foi preciso tomarlle a tensión a dez persoas (tres en Cabeceira e sete en Xiorto).
A Policía Local de Poio realiza patrullas periódicas polos areais, especialmente durante a pleamar, para constatar que se cumpren coas normas de distanciamento contra a Covid-19.
Relacionadas:
-
O servizo de socorrismo de Poio conclúe a tempada con 173 intervencións
Por Redacción |
-
Os socorristas de Xiorto e Cabeceira realizaron 56 intervencións en agosto
Por Redacción |
-
Os socorristas de Sanxenxo realizaron catorce rescates durante o mes de xullo
Por Redacción |
-
Rescatan da auga a un home en apuros na praia de Xiorto
Por Redacción |
-
Os socorristas de Lourido salvan a un bañista en parada cardiorrespiratoria
Por Oskar Viéitez |
-
O izado da bandeira azul e a estrea dos socorristas marcan o inicio da tempada estival
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As praias de Cabeceira e Xiorto contarán con seis socorristas a partir do vindeiro 1 de xullo
Por Redacción |