O pleno de Ponte Caldelas aproba a subida salarial dos traballadores municipais
Por Redacción
A Corporación de Ponte Caldelas celebrou este venres a sesión plenaria correspondente ao mes de xullo e na que quedou aprobada unha subida salarial para os traballadores municipais. Incremento que saía adiante cos oito votos do PSOE e as abstencións de PP e BNG. En relación ao persoal municipal, tamén quedou aprobada definitivamente a relación de postos de traballo.
O que se rebaixará, ata a súa gratuidade son sete taxas municipais para documentos públicos. Unha medida que afecta a todos os certificados que compulse o Concello, como poden ser o do Padrón, tanto o que está en vigor como anteriores; informes, bastanteo de documentos, copias de documentos urbanísticos ou todo aquel expediente que non estea expresamente tarifado. Esta exencións saíron adiante tamén cos únicos votos a favor do grupo de goberno local.
Outro dos puntos da orde do día foi a aprobación dos festivos locais para o próximo ano. Desta forma en 2021 será festa en Ponte Caldelas o 17 de febreiro, mércores de Cinza e o un de setembro, tamén mércores, Festa das Dores.
Relacionadas:
-
163 nacementos engrosan a poboación de Ponte Caldelas no últimos cinco anos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas activará un portal de venda online para os negocios da vila
Por Redacción |
-
As rozas do rural caldelán chegan a Vilarchán e A Reigosa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas mellora os accesos ao lugar da Insua e a unha vivenda á que non se podía chegar en coche
Por Redacción |