A Xerencia comprométese a manter o servizo de medicina e enfermaría no consultorio de Ponte Sampaio
Por Oskar Viéitez
Representantes da Federación de Asociacións de Veciños Castelao mantiveron este mércores unha reunión coa Xerencia do Sergas na Área Sanitaria Pontevedra-Salnés na que falaron da problemática existente na parroquia de Ponte Sampaio pola supresión do servizo médico no consultorio que o Sergas, ata antes da pandemia da Covid-19, mantiña nese lugar e que ten preto de mil cartillas.
Na xuntanza tamén participaron dous representantes da Plataforma en defensa do consultorio de Ponte Sampaio.
Segundo informaron dende a Federación Castelao, a Xerencia comprometeuse a que "o consultorio de Pontesampaio continuará prestando o servicio que viña desenvolvendo ata antes da pandemia" e continuarán exercendo as súas funcións e servizos á cidadanía un médico e un enfermeiro. "Para entendernos, non se vai pechar o consultorio de Ponte Sampaio", subliñaron dende Castelao.
Esta Federación engadiu que "o compromiso adquirido polo Xerente é que en agosto, unha vez analizadas condicións de se o consultorio cumpre cos requisitos dos protocolos para as instalacións sanitarias (carreiros diferentes de entrada e saída, carreiros diferentes para persoas con problemas respiratorios, etc), se voltaría con carácter inmediato a dar o servizo de medicina e enfermaría no mesmo".
Na vindeira semana o persoal técnico do Sergas e o persoal técnico do Concello van avaliar cada un dos edificios existentes en Ponte Sampaio por se non fose viable desenvolver na súa totalidade os servizos de medicina e enfermaría á vez no citado consultorio.
A Federación indicou que existen alternativas coma o edificio do matadoiro ou a casa da escola.
Relacionadas:
-
Ponte Sampaio, A Canicouva e Soutomaior volven saír á rúa contra o "desmantelamento da sanidade pública"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A veciñanza de Ponte Sampaio lamenta que o Sergas non concrete data para o regreso do médico
Por Redacción |
-
Velorio en Ponte Sampaio para escenificar "a morte da sanidade pública" na parroquia
Por Redacción |
-
A corporación insta ao Sergas a repoñer "sen máis dilación" o médico en Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A área sanitaria afirma ser a "primeira interesada" en retomar a atención en Ponte Sampaio
Por Redacción |