Os traballadores de Ence entregan alimentos para persoas en risco de exclusión social
Por Oskar Viéitez
Os traballadores da fábrica de Ence en Lourizán recadaron 230 quilogramos de alimentos, que foron entregados ao Banco de alimentos O Mirador Monte Porreiro que se encargará de distribuír entre os veciños que máis o necesiten.
Esta iniciativa, posta en marcha durante o mes de xuño, foi desenvolta polos traballadores da planta co obxectivo de mellorar a situación de persoas en risco de exclusión social da contorna da fábrica.
Con todo, debido á situación actual, esta recollida non se puido levar a cabo como en anteriores ocasións. Por este motivo, a compañía habilitou unha plataforma online onde cada un dos compoñentes do equipo humano de Ence puidesen realizar as súas doazóns, garantindo deste xeito a seguridade tanto dos traballadores como dos voluntarios da asociación.
Así mesmo, outros centros de traballo de Ence quixeron sumarse a este proxecto, desenvolvendo unha campaña similar en colaboración con organismos locais como os Bancos de Alimentos de Madrid e Huelva ou a asociación Cáritas de Navia.
Esta iniciativa solidaria súmase a outras realizadas pola compañía durante a pandemia, como a doazón de 24 toneladas de material sanitario e de 2.000 metros de tea TNT para a confección de mascarillas.