Alertan de cinco incendios forestais en Cerdedo-Cotobade no prazo dunha hora
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Cerdedo-Cotobade estase a ver seriamente afectado este martes 28 de xullo polos incendios forestais, e é que a primeira hora da mañá e en algo máis dunha hora declaráronse cinco incendios no municipio.
Segundo recoñece a consellería de Medio Rural, esta situación "evidencia unha clara intencionalidad", e pide a través do perfil do 085 denunciar "calquera movemento ou conduta sospeitosa no teléfono anónimo, confidencial e gratuíto 900 815 085".
Rexistrados 5 incendios no municipio pontevedrés de Cotobade en pouco máis dunha hora, o que evidencia unha clara intencionalidade. Facemos unha chamada á cidadanía para que denuncie calquera movemento ou conduta sospeitosa no teléfono anónimo, confidencial e gratuíto 900 815 085
— incendios 085 (@incendios085) July 28, 2020
En concreto, segundo informou a Xunta de Galicia, catro deses incendios rexistráronse na parroquia de Tenorio, e outro máis na de Borela.
Precisamente este último era o que máis preocupaba. Iniciado ás 9:56 horas, na súa extinción traballan 1 axente, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero, e solicitouse a colaboración de dous avións.
En canto aos producidos en Tenorio, dous deles seguían considerados como activos durante boa parte da mañá. Un iniciouse ás 8:39 da mañá e no seu control traballan 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba; mentres que o outro comezou ás 9:11 horas traballando na súa existinción 3 brigadas e 3 notobombas.
Os outros dous incendios declarados en Tenorio déronse por controlados en pouco tempo. O primeiro tivo o seu inicio ás 9:17 horas e foi considerado controlado ás 9:50 grazas ao esforzo de 1 axente, 3 brigadas e 3 motobombas; e do último tívose constancia ás 9:36 horas sendo controlado ás 9:50 por 1 axente e 1 brigada.
A Consellería de Medio Rural deu por controlados os cinco focos ás 11:35 horas do mediodía.
Segundo a estimación de superficie afectada, o incendio de maiores dimensións foi o de Borela con 1,45 hectáreas queimadas de arborado. Pola súa banda os rexistrados en Tenorio afectaron a 0,02 hectáreas dous deles, outro a 0,03 e o último a 0,05 hectáreas de terreo arborado.
Relacionadas:
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cotobade loita contra o acoso dos incendiarios
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade activa un plan para protexer as súas 18.000 hectáreas forestais
Por Redacción |
-
Novo incendio en Viascón. "Non pode ser casual", afirma Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
Os cinco incendios en Cerdedo-Cotobade foron obra de "criminais", segundo o alcalde
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta comeza a execución dunha senda peonil na PO-233 ao seu paso por Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |