Comezan os traballos para dotar de auga potable á parroquia de Bora
Por Redacción
A concellería responsable do Ciclo da Auga fixou para este luns 27 de xullo o inicio dos traballos para dotar de auga potable a toda a parroquia de Bora.
Segundo explica o Concello, trátase dun proxecto que supoñerá na súa totalidade un investimento de máis de 4,7 millóns de euros e do que se poderán beneficiar 383 vivendas.
Está previsto que as obras se inicien na zona na que se atopa a igrexa parroquial.
Polas características de Bora, o proxecto de abastecemento divídese en dous partes. A primeira contará cun investimento de 2.954.429,94 euros e conta cun prazo de execución de 20 meses. Os lugares nos que levará a cabo son Leirados, O Teso, Cara, As Pontes, Vilares, O Quinteiro, O Tombo, A Lameliña, O Pio, O Couto, O Valo e Portamuiño, mentres que en Mourente a canalización realizarase nos lugares da Raixera, Eirós e Carabelos.
Pola súa banda o segundo dos proxectos ten un orzamento de 1.831.361,97 euros e un prazo de execución de 13 meses, supoñendo a canalización nos lugares da Corval, A Igrexa, As Leiras, O Tombo, A Cardosa e O Salgueiral.
Ademais das obras de abastecemento de auga potable, queda pendente de completar o saneamento en Bora, o que supoñerá un investimento na parroquia de 2,6 millóns de euros para que se poidan beneficiar 158 vivendas que non contaban con este servizo. Neste caso o prazo de execución dos traballos é de 19 meses.
Relacionadas:
-
1,6 millóns de euros para dotar de saneamento a 43 vivendas da parroquia de Alba
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban dous proxectos por máis dun millón de euros para levar o saneamento a 52 casas de Salcedo e 14 de Lourizán
Por Natalia Puga |
-
Luz verde ás obras para completar a rede de abastecemento en Marcón
Por Oskar Viéitez |