Acondicionan os roteiros patrimoniais de Salcedo e Ponte Sampaio
Por Redacción
A Concellería de Patrimonio histórico realizou labores de acondicionamento dos roteiros patrimoniais do municipio, concretamente os de Salcedo no Tempo e Ponte Sampaio, que estaban deterioradas principalmente polo inverno pero tamén polo paso do tempo.
O obxectivo desta actuación de conservación é poder gozar plenamente da riqueza etnográfica destes roteiros.
As reparacións consistiron no repintado de marcas das sendas para que os camiñantes poidan facer os roteiros seguros, a recuperación da sinalización e letreiros informativos, e rozas en todos os camiños.
O roteiro de Salcedo permite gozar dun importante conxunto de bens como a Tabacalera, o Pazo de Gandarón e a Misión Biolóxica, os muíños da Cancela, os petróglifos de Mato das Cruces e Outeiro da Mina, os muíños do Outeiro, o Castro das Croas, os muíños do Batán, o petróglifo de Vilar de Matos, a Sociedade de Agricultores, a Igrexa de San Martiño de Salcedo, Castro e Pinal de Matalobos e a Capela de San Brais.
Pola súa banda en Ponte Sampaio poden contemplarse nun roteiro de aproximadamente catro horas a Ponte, o Camiño de Santiago, o Alto da Curuxeira, o cruceiro da Ballota, a igrexa de Santa María e o seu reitoral, a Illa de Medal, a ponte do ferrocarril, a illa do Castelo, o río Verdugo-Oitavén, as illas Ervedosas, o cruceiro do Souto, a ponte nova, río e marisma a Marisma de Ulló, Muíños de Pozo Negro, Monte do Castro, Calzada de Vilar, muíños e cruceiro de Vilar, Cristo da Bica, miradoiro das Cambariñas, Canastro de Proumalla, O Paredón, Pozos de Corneda, Chan das Cruces, Calzada de Acevedo, Pozos do Regueiro dos Muíños, muíños de Acevedo, Praza do Souto, Cruz do Forniño, Pedra Forniña, capela de San Xosé, muíño e pozo de Cartas, Porta Laxe, Carballeira de Cadillos e Pozo de Portovedro.