Haberá maior control de aforos e máscaras no lecer nocturno de Sanxenxo e Portonovo
Por Redacción
Tras comprobar certa relaxación nas normas para evitar a propagación da COVID-19, as autoridades reforzarán o control do lecer nocturno e as terrazas de Sanxenxo. Farán un especial seguimento no cumprimento dos aforos e o uso da máscara.
Este dispositivo policial, que se estenderá tamén a Portonovo, estará integrado pola Policía Local e a Garda Civil, segundo se acordou nunha reunión celebrada este xoves no Concello.
Durante o encontro acordouse, como xa viña facendo ata o de agora, coordinar os operativos, de forma especial a fin de semana, e reforzar e intensificar os controis no lecer nocturno onde se detecta unha maior problemática.
O cumprimento dos horarios será outra das cuestións sobre as que se exercerá un maior control do mesmo xeito que nos areais onde se pediu a colaboración da Garda Civil.
A boa coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil, que xa viña sendo habitual durante os últimos veráns, resulta agora aínda máis efectiva, segundo o Concello.
A este respecto, Sanxenxo lembra que conta este verán cun importante reforzo na Policía Local con dous axentes e un oficial por comisión de servizos e 47 auxiliares.
Relacionadas:
-
A policía de Sanxenxo incorpora un escáner de matrículas para axilizar os controis na vía pública
Por Redacción |
-
A Garda Civil eleva a 218 o número de denuncias impostas no Salnés por non usar máscara
Por Redacción |
-
Sanxenxo reforza a súa Policía Local con 40 auxiliares e tres axentes en comisión de servizo
Por Redacción |