Pasos de peóns e prazas de carga e descarga, principais reclamacións veciñais á Xunta para a reformada PO-308
Por Redacción
O goberno local do Concello de Poio enviaba este mércores un escrito á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con propostas para mellorar a execución da obra na PO-308, entre Covelo, en Samieira, e Raxó. Neste documento recóllense peticións veciñais para un tramo reformado con obras que remataron o 10 de xuño destinadas a mellorar a seguridade viaria coa eliminación de puntos nos que se concentraban accidentes.
Os tres partidos que goberna en Poio, BNG, PSOE e Avante Poio, asinaban este manifesto na Xunta de Goberno Local e entre as peticións expostas reclaman unha zona de aparcamento, de carga e descarga de materiais.
O novo proxecto eliminou a que se atopaba na recta do Laño. No seu lugar, a Xunta estableceu un carril de aceleración e unha parada de autobús. Desde o goberno que lidera Luciano Sobral propoñen que a parada se traslade 20 metros para que se poida recuperar unha zona de carga e descarga.
Para o goberno tripartito na marxe esquerda da estrada en dirección a Sanxenxo aínda que existen espazos para aparcar faltan pasos de peóns que eviten atropelos de persoas que queiran cruzar a PO-308 cara aos establecementos situados no outro lado da calzada.
Tamén reclaman unha zona peonil na intersección co Camiño Seimorzáns, unha senda demandada pola veciñanza para acceder aos contedores de lixo. Segundo o goberno local, neste momento os viandantes ven obrigados a invadir o cruzamento para achegarse aos contendores cun risco para a súa seguridade.
Outra petición para que a Xunta mellore esta reforma circunscríbese á instalación dunha marquesiña na parada de autobús que é utilizada por escolares. Actualmente carece dunha cuberta que lles permita resgardarse en caso de choiva. Tamén se solicita a recuperación dunha parada de autobús suprimida no punto quilométrico 10+190.
O Concello sinala que ao proxecto executado pola Xunta presentáronse varias alegacións por parte do goberno sen que se tiveron en conta.
Entre estas propostas atopábase a dotación de máis pasos de peóns, a continuación da beirarrúa nunha entrada situada entre os números 20 e 22 da avenida de Covelo, en Samieira. Do mesmo xeito que se reclamou unha solución entre as avenidas da Toxa e O Laño, na que resulta incómodo o paso para os peóns debido a que a senda foi adaptada aos portais provocando que o tramo conte con badéns.
Tamén se fai referencia no escrito á conexión da rúa Leopoldo Nóvoa coa PO-308, en Raxó, para que non supoña un impacto visual para a contorna e atenda o paso de viandantes. Solicitan, recollendo as reclamacións de varios colectivos veciñais, a instalación de espazos que garantan a seguridade das persoas por esta vía.
Segundo indican desde o Concello estas melloras non supoñerían grandes obras e esperan que sexan atendidas pola Consellería de Infraestruturas, que manifestara su malestar co goberno local de Poio por "falta de colaboración" nos traballos realizados nesta vía.
Relacionadas:
-
Nas vindeiras semanas reubicarase a parada de autobús na Travesía de Laño
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG insta á Xunta a colocar un paso de peóns e unha zona de carga e descarga na recta do Laño
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio insistirá na petición á Xunta dunha marquesiña para os escolares de Raxó
Por Redacción |
-
O PP de Poio reclama unha marquesiña na zona de Casalvito
Por Oskar Viéitez |
-
Reforzan a seguridade viaria en San Salvador de Poio
Por Redacción |
-
A humanización da PO-308, desde A Granxa ata A Lanzada, entra na súa recta final
Por Redacción |
-
O tramo final da Rúa Igrexa de Raxó terá unha senda e un novo paso para peóns
Por Redacción |
-
A PO-308 entre O Covelo e A Granxa é agora unha estrada "moito máis funcional, humana e segura", segundo a Xunta
Por Redacción |
-
780.000 euros para a mellora de cinco estradas autonómicas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Conclúen as obras na estrada PO-308, entre O Covelo e Raxó
Por Redacción |
-
Luciano Sobral quere falar coa conselleira das obras da PO-308 en Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta lamenta a "absoluta falta de colaboración do Concello de Poio" nas obras da estrada PO-308
Por Oskar Viéitez |