O Stock Marín contará cun itinerario regulado para evitar aglomeracións nesta nova feira de oportunidades
Por Redacción
Este luns a Mesa Local do Comercio de Marín mantiña un encontro coa presenza da alcaldesa María Ramallo; a concelleira de Comercio e Turismo, Cristina Acuña e representantes dos grupos políticos da corporación e dos colectivos CCA Estrela de Marín e da asociación de comerciantes de Seixo, Acemas.
O tema central deste encontro centrouse nas normativas que se van a manter durante a feira I Stock Marín, prevista para o 31 de xullo, 1 e 2 de agosto, na Alameda. Está prevista a instalación de 14 haimas e os organizadores queren manter as medidas sanitarias establecidas polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
Por este motivo, está prevista un control das visitas a través dun itinerario marcado no que as persoas deberán realizar o percorrido deixando as haimas á súa dereita. Estableceranse dous puntos, un de entrada e outro de saída, situados nas partes centrais da Alameda cun servizo de seguridade que controle o acceso e lembrarán aos visitantes o uso obrigatorio da máscara protectora e da utilización do xel hidroalcohólico, con dous dispensadores industriais.
Desde CCA Estrela de Marín indicouse que van poñer en marcha un proxecto para incentivar o consumo e a dinamización desta zona comercial coa potenciación das webs www.vodas.es e www.estrelademarin.gal
Tamén está previsto fomentar campañas como Black Friday e a de Nadal, primavera e San Valentín para aumentar o consumo nos comercios locais. Do mesmo xeito que se quere promover a venda dos produtos da praza de abastos a través de www.mercadomarin.com
Relacionadas:
-
A feira Stock Marín volverá á Alameda cunha edición adaptada á "nova normalidade"
Por Redacción |
-
Este 25 de xullo non haberá repartición de bandeiras nin a romaría de Trompos os Pés no Concello de Marín
Por Redacción |
-
Marín lanzará no verán Stock Marín, a súa propia feira de oportunidades
Por Redacción |