Os veciños Vilaboa indignados coa actuación de AUDASA
Por Oskar Viéitez
A Asociación de Veciños de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa denunciou este sábado a "neglixente actuación" dos equipos de operarios que a propietaria da Autoestrada do Atlántico desplazou ao lugar onde comenzou o lume forestal despois do mediodía deste pasado venres.
A directiva desta asociación quere en primeiro lugar que AUDASA aclare canto antes, se operarios desta concesionaria estaban traballando no lugar dos feitos, ou o lume se produciu por unha imprudencia dalgún conductor que poidera tirar unha cabicha dende o seu vehículo.
En segundo termo, a portavoz veciñal, Pilar Piñeiro, quixo deixar claro o malestar deste colectivo coas instruccións que tiñan os operarios da concesionaria da autoestrada, "que non se molestaron o máis mínimo en evitar que se extendese o lume pola ladeira da autoestrada cando dispoñan de equipos, aínda que básicos, que de actuar dilixentemente poderían ter evitado que se extense o lume coa velocidade coa que se prodociu".
Sinalan os veciños que un dos factores que axudou a que se extendese o lume polo lateral da autoestrada de forma virulenta, é o sistema de control da maleza que emprega AUDASA , cando menos neste tramo da autoestrada, consistente no emprego de herbicidas que provoca que a maleza se seque, pero se posteriormente non se desbroza, esta convértese nun combustible moi perigoso, como así sucedeu.
A portavoz veciñal, Pilar Piñeiro, indicou que este sistema de control da maleza por parte de AUDASA, xa foi denunciado ante do Concello de Vilaboa, e xa se recolleron máis de 200 sinatura de protestas de veciños, indignados coa aplicación destes herbicidas, que provocaron numerosos danos en hortas situadas á beira da autoestrada na parroquia de Santa Cristina de Cobres.
Por último recordou que AUDASA ten nestes momentos na parroquia numerosos tramos de zonas de afección da autoestrada, e que ten a obriga de mantelos limpos, nunha situación lamentable con mato que supera os dous metros de altura e que supoñen un grave perigo para os veciños.