A Deputación flexibiliza o seu calendario fiscal polo Covid-19
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia o novo calendario de cobranza de tributos e prezos públicos delegados. Este novo calendario fiscal afecta os impostos sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), ou Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), ou Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e diferentes taxas municipais daqueles concellos que teñen delegados as súas cobranzas no ORAL.
Co obxectivo de dotar dunha maior flexibilidade aos contribuíntes no cumprimento das súas obrigacións estableceuse un plan de pagos personalizados habilitado para facilitar o pago fraccionado dos recibos. Para acollerse a este programa os interesados deben presentar a súa solicitude antes do 15 de xuño a través das diferentes canles de atención ao público do ORAL. O pago realizarase nun máximo de seis mensualidades sen existir unha contía mínima nos importes.
O novo período de pago voluntario dos impostos é o seguinte: IVTM, do 15 de xuño ao 3 de setembro; IBI, do 25 de xuño ao 5 de novembro; IAE, do 4 de setembro ao 16 de novembro, e respecto a taxas e prezos públicos, ata o 22 de xuño, a primeira cobranza; do 15 de xullo ao 15 de setembro, a segunda; do 16 de setembro ao 16 de novembro, a terceira; e do 30 de outubro ao 30 de decembro, a cuarta.
A data dos cargos domiciliados do plan derivado do coronavirus que pon en marcha a institución provincial será o día 5 de cada mes para o IVTM e o IBI, mentres que para o IAE será día 5 de cada mes para partir do 5 de setembro.
Ademais da publicación no BOPPO, a Deputación de Pontevedra tamén publicou na plataforma telemática cos concellos toda a información relativa ao novo calendario fiscal e á norma para a cobranza. Dita norma indica que o ingreso poderá realizarse a través da oficina virtual do ORAL ou a través de calquera entidade bancaria colaboradora. Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal común ao domicilio único de cada contribuínte
Relacionadas:
-
O ORAL estrea novo local en Pontevedra onde poden realizarse tódolos trámites
Por Redacción |
-
O ORAL recadou preto de 123 millóns de euros no 2019
Por Oskar Viéitez |
-
Deputación manterá as axudas aos festivais de cinema, que se adían ao último cuadrimestre do ano
Por Redacción |
-
A Deputación prepara o regreso do alumnado Erasmus
Por Redacción |
-
Un verán sen campamentos na Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación e Abanca lanzan unha liña de financiación para paliar a crise da COVID-19
Por Oskar Viéitez |
-
Unha comisión técnica asesorará os concellos na posta en marcha de medidas pola crise da Covid19
Por Oskar Viéitez |