O Concello do Grove propón a adhesión ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía
Por Redacción
A Comisión Informativa Xeral que se celebrará o próximo martes, 26 de maio, iniciará o procedemento para que o Concello do Grove forme parte do Pacto polo Clima e Enerxía. Trátase dunha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios de Europa co obxectivo de involucrar as actividades locais e aos veciños no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.
O Pacto consiste no compromiso das localidades en ir máis aló dos obxectivos adoptados para o 2020 pola Unión Europea para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible.
A adhesión a esta iniciativa, supón acollerse ao denominado obxectivo 20/20/20 cuxa meta é aumentar a eficiencia enerxética nun 20%, aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables outro 20% e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 20% ao longo do ano 2020.
Todo isto requerirá, para o caso concreto do Grove, a asignación de recursos humanos, técnicos e financieros, ademáis converter á cidadanía en consumidores conscientes e implicados. Ademais disto, esta participación ten relación directa coas denominadas "solucións intelixentes" para facer fronte aos retos sociais e técnicos da transición enerxética que o Concello xa está poñendo en marcha.
O grupo de Goberno agarda que esta adhesión sexa apoiada por todos os grupos no vindeiro pleno do Concello.