O Pavillón da Seca e o ximnasio municipal mellorarán as instalacións antes de finais de 2021
Por Redacción
O material da cuberta e as luces do pavillón polideportivo da Seca, na parroquia de San Xoán, serán cambiados despois de que a comisión de Urbanismo do Concello de Poio aprobase o proxecto para a execución desta actuación.
Trátase dunha obra que contará cun orzamento que supera os 138.213 euros e que ten como principal finalidade a mellora da eficiencia enerxética. Un proxecto similar tamén se aprobaba nesta sesión para o ximnasio municipal. O orzamento destes traballos rolda os 72.500 euros e céntrase en mellorar o illamento exterior, ademais de cambiarse as xanelas.
As dúas actuacións levan a cabo a través de fondos europeos, tramitados pola concellería de Promoción Económica ante o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).
Agora iniciarase a licitación das melloras de ambas as instalacións deportivas. No caso do pavillón substituirase a cuberta de chapa metálica por un panel "sándwich". Cambiaranse os canlóns para recollida de augas pluviais e as bajantes. Ademais, dotarase de nova iluminación a pista e as bancadas, con lámpadas tipo Led, de menor consumo enerxético. Os técnicos municipais calculan que os custos de consumo enerxético pasarán dos 290.000 euros actuais ao ano a menos de 266.000 euros.
O prazo de execución das dúas obras é de 30 meses. A idea é que as obras se atopen finalizadas no último tramo de 2021.
Relacionadas:
-
As obras no pavillón de A Seca obriga ao Concello a buscar alternativas para os clubes
Por Redacción |
-
Poio estuda fórmulas para o uso das instalacións deportivas de cara á entrada na fase 3
Por Redacción |
-
Publicadas as bases para a concesión de axudas aos deportistas de Poio
Por Redacción |
-
Poio impulsa tres proxectos valorados en medio millón de euros para mellorar a eficiencia enerxética
Por Redacción |