O PP de Barro desinfecta as contornas das igrexas e reta ao alcalde a que os denuncie no Vaticano
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Barro ven de colaborar na desinfección das contornas das igrexas de San Breixo de Barro, Santa María de Perdecanai, San Andrés de Valiñas, San Martiño de Agudelo e San Mamede da Portela.
Esta acción estivo acompañada da crítica do grupo municipal do PP ao Goberno local ao que acusan de ter "nula preocupación" polos espazos públicos "poñendo sempre por diante os principios ideolóxicos que a saúde dos nosos veciños".
"Unha vez máis os populares visto que o concello non actuaba nas demais parroquias, e diante da petición veciñal, decidimos colaborar cos veciños", afirma o PP de Barro nun cumunicado. Mentres a veciñanza de cada parroquia procedía á limpeza interior dos templos "nós actuabamos nos exteriores dos igresarios de cada parroquia executando a desinfección dos mesmos e deixando tamén máscaras para os veciños".
"Esperamos tamén a denuncia do señor alcalde diante da Garda Civil e o Vaticano se o considera", conclúe o PP en referencia á denuncia que presentou o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG), no Seprona da Garda Civil e na Xunta por un suposto delito ambiental que entende que se produciu durante unhas tarefas de desinfección promovidas polo Partido Popular.
Relacionadas:
-
O PP de Barro pide a mellora de camiños en Portela e Porráns
Por Redacción |
-
Barro investirá 165.000 euros en pavimentos de viais municipais en todas as parroquias
Por Redacción |
-
Barro axuda a familias necesitadas con vales de compra para alimentos, produtos de hixiene e farmacéuticos
Por Redacción |
-
O alcalde de Barro denuncia o PP por un posible delito medioambiental
Por Oskar Viéitez |
-
O PP denuncia que hai varios meses que as bandeiras española e galega non ondean no Concello de Barro
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |