Balance de coronavirus na área sanitaria: 110 casos activos e 3 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño
A curva de afectados por coronavirus en Pontevedra e O Salnés segue descendendo aos poucos, a teor dos datos ofrecidos este mércores 13 de maio pola Consellería de Sanidade.
Segundo estas cifras, a área sanitaria conta con 110 casos activos de COVID-19, o que supón un descenso de 13 persoas con respecto ao día anterior, mentres que o número de pacientes hospitalizados sitúase en 3, un menos. Todos eles atópanse en planta repartidos entre as instalacións de Montecelo (1), O Salnés (1) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1), e 107 dos afectados evolucionan nos seus domicilios.
Nas últimas horas recuperáronse 15 pacientes para un total de 709 desde o inicio da pandemia, manténdose estable a cifra de falecementos en 16.
A nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.179. Deles 532 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 333 da de Ourense, 565 da área de Vigo, 436 da de Santiago, e 79 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 144 están en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Por agora, na comunidade hai un total de 7.996 persoas curadas, rexistrándose 597 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 118.665 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da comunidade supoñen o 1,1% do total das persoas residentes. En toda Galicia contabilízanse 289 usuarios e 176 profesionais contaxiados en centros residenciais e produciuse 132 falecementos en residencias e 137 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns respecto diso e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Sen hospitalizados por Covid-19 en toda a área sanitaria e con só 62 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria baixa do centenar de casos activos por coronavirus por primeira vez desde o 20 de marzo
Por Diego Espiño |
-
Nova redución dos positivos por coronavirus, que baixan a cifras da terceira semana de marzo
Por Natalia Puga |
-
Descenso de casos activos de coronavirus na área sanitaria con 123 en total, 4 deles hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
Un paciente hospitalizado máis e catro casos activos menos: o balance do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Os hospitalizados por coronavirus volven subir na área sanitaria: catro pacientes ingresados en planta
Por Natalia Puga |
-
Cinco casos activos de coronavirus máis que o venres cun único hospitalizado no Domínguez
Por Diego Espiño |