200.000 visitantes e 90.000 botellas de viño vendidas consolidan a Festa do Albariño
Por Redacción
Unha edición máis a Festa do Albariño mostra a súa consolidación cunha participación entorno ás 200.000 persoas. ÿ o número de visitantes que se calcula que pasou polo Paseo da Calzada para degustar os viños da colleita 2012, cualificada como "moi boa" e que as casetas venderon preto de 90.000 botellas de Rías Baixas.
Despois de catar 54 marcas de Rías Baixas en dous días, os profesionais que integraron o panel de cata da XXV Cata Concurso Rías Baixas Albariño decidiron que os premios desta edición recaesen a medalla de ouro na marca Esencia Diviña, de Adegas Gran Vinum; a medalla de prata no Rías Baixas Albariño de Valtea, de Adegas Vilarvín e; a medalla de bronce en Paco e Lola, de Cooperativa Vitivinícola Arousana.
Nas súas vodas de prata a Cata Concurso Rías Baixas Albariño converteuse nun referente para os viños de Rías Baixas. 23 expertos, pertencentes ao panel de cata externo e interno do Consello Regulador, foron os encargados de valorar a anada 2012. Este xurado catador puntuou seguindo os criterios da Organización Internacional do Viño (OIV).
A terceira edición do Túnel do Viño, celebrado entre o 1 e 4 de agosto na antiga Fábrica de Conservas Pena de Cambados, acolleu 300 persoas, cifra similar á do pasado ano. Fóra do ambiente festivo, 300 persoas, que admitiron ser entusiastas do viño, gabaron esta iniciativa na que tiveron cabida 114 marcas da D.O. Rías Baixas, pertencentes a 60 adegas.