Ángel Moldes solicita máis desinfección de espazos públicos ante os paseos dos nenos
Por Oskar Viéitez
O voceiro do PP, Ángel Moldes, participou este xoves na Xunta de Portavoces telemática do Concello de Poio, xunto a Luciano Sobral e a representantes do BNG e de Avante Poio.
Durante a reunión, Moldes solicitoulle o equipo de goberno unha desinfección máis intensa de espazos públicos e das vías urbanas e zonas rurais xa que a partires deste domingo, 26 de abril, os rapaces poderán saír acompañados e de xeito ordeado ás rúas: "Soliciteilles incrementar valdeos e limpeza dos espazos públicos, vías urbanas e zonas rurais para estar preparados e coa máxima seguridade para cando, o domingo, os rapaces poidan saír acompañados a rúa".
"Sabemos que se está a facer esta desinfección pero pedimos que estes días se prioricen estes valdeos desinfectantes sobre outros traballos xa que a seguridade dos pais das nais e dos máis pequenos nestes paseos autorizados ten que ser unha das prioridades inmediatas neste momento", indica Moldes.
O portavoz popular trasladou nesta Xunta de Portavoces as inquedanzas e a preocupación de aqueles veciños aos que aínda non lles chegou a súa casa a mascarilla e aproveitou para preguntar ao equipo de goberno se xa chegaran as 20.000 máscaras que anunciaron comprar: "a resposta foi que non".
Moldes aproveitou tamén para solicitar ao equipo de goberno as previsións que teñen para a convocatoria de comisións e plenos telemáticos agora que o Concello de Poio xa ten soporte legal e técnico para celebrar estas sesións.
DEZ BRIGADAS
Dende o Concello de Poio comunicaron que ao longo destes días intensificáronse os traballos que xa se veñen realizando de xeito regular para limpar e desinfectar os rúas, camiños e diferentes espazos públicos e equipamentos municipais. E precisaron que o aumento destes labores ven motivado co obxectivo de garantir a seguridade das crianzas a partir do domingo, data a partir da cal poderán comezar a saír, durante uns minutos, á rúa, tal e como anunciou o Goberno central esta mesma semana.
A día de hoxe son dez as brigadas que están desenvolvendo estas tarefas de limpeza e desinfección.
Relacionadas:
-
Bueu alerta das medidas a adoptar a partir do domingo nas saídas de menores de 14 anos
Por Redacción |
-
Poio reforzará o servizo de limpeza para garantir a seguridade durante os paseos dos nenos
Por Redacción |
-
Poio avanza na desinfección de zonas sensibles do municipio
Por Redacción |
-
O Concello de Poio limpa unha media de 60 contedores diarios con motivo do coronavirus
Por Redacción |