Marín recibe medio millón de euros da Deputación para humanizar o Camiño Vello de Seixo
Por Redacción
O Concello de Marín recibirá medio millón de euros do Plan Concellos da Deputación para a humanización do Camiño Vello de Seixo. Trátase da mellora de 324 metros de vía en que se acometerá a ampliación das beirarrúas, a reordenación das prazas de aparcamento e a instalación de novo mobiliario urbano.
De acordo co proxecto, a rúa pasará a ter despois das obras un ancho de 3,5 metros de calzadas e 2,2 adicionais naquelas zonas nas que están previstos aparcamentos. O ancho das beirarrúas será variable, pero roldarán os 2,5 metros.
Tamén está prevista a eliminación do illote existente ao comezo do tramo e a incorporación de pasos de peóns.
Os traballos completaranse coa renovación dos servizos de augas pluviais e residuais, as instalacións de abastecemento, o soterramento da liña telefónica. a mellora e ampliación da iluminación pública e nova pavimento.
Relacionadas:
-
Cortan o tráfico en parte de Seixo para executar a humanización da Rúa Camiño Vello
Por Redacción |
-
O Concello de Marín adxudica case 375.000 euros para o proxecto de humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |
-
Marín inicia a pavimentación de certos tramos de rúas do casco urbano
Por Redacción |
-
Marín reforma a cuberta e a contorna do lavadoiro do río de Casás
Por Redacción |
-
Vilaboa renovará o alumeado público do Camiño Portugués en Santa Marta
Por Redacción |
-
O Concello de Marín anuncia a próxima humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |