O centro provincial de acollida de cans restrinxe a súa actividade polo coronavirus
Por Redacción
O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra na Armenteira está pechado ao público desde a entrada en vigor do decreto do estado de alarma establecido polo COVID-19 e, polo tanto, as adopcións de cans están suspendidas, aínda que mantén os servizos mínimos de xeito permanente para o servizo de lacería.
O centro, que sostén a súa actividade de atención e coidado aos 300 cans que acolle actualmente, restrinxiu as recollidas aos casos de atención necesaria: aqueles con animais feridos, animais potencialmente perigosos, animais mantidos en instalacións municipais non habilitadas para o seu coidado, animais libres que poidan causar accidentes ou lesións e actuacións de emerxencia requiridas polo poder xudicial e os corpos e forzas de seguridade.
No caso de entrega de animais aos seus propietarios realízase con cita previa e de xeito individual.
Desde que entrou en vigor o estado de alarma, houbo sete recollidas de animais dentro destes supostos, tres deles en Marín, Caldas e Meaño. En tres casos, os cans puideron ser devoltos aos seus propietarios.
Dende a Deputación informaron que no centro reduciuse a presenza física ao mínimo persoal necesario, que traballa coas medidas hixiénicas e distancias de seguridade en quendas diferenciadas por actividades. Así mesmo, establecéronse servizos indispensables para a limpeza das instalacións e a alimentación e atención veterinaria permanente dos animais.
Relacionadas:
-
O Centro de Acollida de Animais da Deputación volve tramitar adopcións de cans
Por Redacción |
-
Propoñen ‘pre-adopcións’ por internet para axilizar a actividade do Centro de Acollida de Animais da Deputación
Por Redacción |
-
Recollidos 23 cans das rúas durante o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
"Sentido común", cos cans: "paseos curtos para que fagan as súas necesidades e volta a casa"
Por Redacción |
-
As protectoras de animais paralizan as adopcións durante o Estado de Alarma
Por Sara Iglesias |