"Sentido común", cos cans: "paseos curtos para que fagan as súas necesidades e volta a casa"
Por Redacción
Como xa é sabido unha das condicións que se permiten durante o estado de alarma para saír de casa é sacar ao can. Esta circunstancia vén sendo motivo de 'memes' e bromas, pero non están afastados da realidade xa que para ter esa xustificación son moitos os que agora se interesaron por adoptar un can.
Quen así o estean pensando en Pontevedra, saiban que non vai ser posible coa protectora Os Palleiros nin no CAAN que xestiona a Deputación Provincial. A Canceira de Poio pola súa banda, non paralizou as adopcións. Xa que a tesitura non permite as entrevistas persoais, buscaron alternativas para informarse sobre as persoas interesadas.
Así, xestiónanse a entrevistas vía Skype, solicítase información profesional para saber se xa tiveron cans con anterioridade e en caso de non poder determinar se a adopción é realmente altruísta, espérase a que a normalidade se retome para poder facer as entrevistas persoalmente. Desde a Protectora de Poio confirman que no seu caso, non rexistraron un aumento na solicitude de adopcións.
Para aqueles que si vivan con cans nos seus domicilios, preguntámoslle ao educador canino de Podcans, Diego Álvarez. Como primeiro consello, apunta "sentido común e manter na medida do posible os costumes que tiñamos antes desta situación". Iso si, "paseos curtos para que fagan as súas necesidades e volta a casa". Para paliar a queima de enerxía que requiren algúns destes animais propón como alternativa xogos cognitivos, xogos olfativos, o uso do clicker.
Recomenda de igual forma que hai que ir afacendo ao can para a volta á vida habitual. Para evitar que bote de menos estar constantemente acompañado suxire "illamentos que aos poucos se vaian prolongando; deixalo só nunha habitación con algún premio ou chuche e que aprenda que pode estar illado, aínda que eu teña que estar na casa."
Relacionadas:
-
RADIO.- Podcans fala de despedidas tras a morte de 'Bella' durante o confinamento
Por Redacción |
-
Os 'cans escritores' de Pontevedra protagonizan unha campaña pola recollida de excrementos
Por Redacción |
-
O centro provincial de acollida de cans restrinxe a súa actividade polo coronavirus
Por Redacción |
-
A canceira de Poio, operativa no estado de alarma pero cun novo sistema de adopción
Por Redacción |
-
Rexístranse máis de tres abandonos de cans a diario na provincia
Por Redacción |
-
RADIO.- Que aprendiches durante o primeiro ano de Podcans?
Por Redacción |
-
RADIO.- Aprendemos xogos de olfato con Podcans
Por Redacción |