Cancelan os actos da Semana Santa pontevedresa para salvagardar a saúde das persoas participantes
Por Anxo Lourido
A xunta coordinadora dos actos de celebración da Semana Santa de Pontevedra decidiu atender ás recomendacións das autoridades civís e eclesiásticas e este sábado comunicaba a suspensión de todos os actos litúrxicos organizados polas confrarías do municipio debido á expansión do coronavirus.
Desta forma quedan anuladas as procesións e actividades previstas entre o 5 e o 12 de abril na cidade. Durante o ano 2019 participaban na Semana Santa pontevedresa sete confrarías e ao redor de mil penitentes, ademais do público que suscitan estes actos.
Segundo expón Ramón Peón, portavoz da coordinadora, a medida adóptase para axudar a canalizar a situación de crise sanitaria atendendo á propia responsabilidade e co obxectivo de salvagardar a saúde de todas aquelas persoas que, dunha ou outra forma, colaboran e participan nas procesións. En moitos casos, os integrantes das confrarías levan meses preparando os eventos da Semana Santa.
Nun comunicado, desde este colectivo sinalan que "todos xuntos, coa nosa xenerosidade e sacrificio sairemos adiante" en relación á pandemia do COVID-19, concluíndo cun esperanzador "ánimo, que xa queda pouco para a Semana Santa de 2021".
Esta decisión era comunicada despois de que o Consello de Irmandades de Sevilla, o Concello andaluz e o Arcebispado acordasen tamén suspender os desfiles procesionais da Semana Santa sevillana, a máis popular e a que máis ingresos económicos xera no territorio español.
Relacionadas:
-
A cidade ve pasar o Xoves Santo máis desapaixonado
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Bendición desde as alturas do campanario da basílica de Santa María
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Haberá unha bendición simbólica de Ramos sen público en San Francisco este domingo
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra encoméndase a San Sebastián e San Roque polo coronavirus
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Instan a colocar recortables, debuxos ou ramas de oliveiras en xanelas o Domingo de Ramos
Por Redacción |
-
Rúas e prazas baleiras: os pontevedreses confínanse para loitar contra o coronavirus
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
Pontevedra habilita unha web con información local sobre o coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada