E ti, vaste vacinar? Arrinca a campaña antigripal
Por Oskar Viéitez
Desde hoxe e ata o 14 de decembro, a Consellería de Sanidade pon en marcha a campaña de vacinación contra a gripe e o pneumococo nos centros de saúde e hospitais do Sergas.
Esta demora provocou que nalgúns centros xa estean completas as citas para as vacinaciones dos primeiros días.
A iniciativa arrinca con case un mes de atraso respecto ao ano pasado, xa que en 2011 de desenvolveu do 3 de outubro ao 19 de novembro.
Esta demora provocou que nalgúns centros xa estean completas as citas para as vacinaciones dos primeiros días.
Cóntanos o persoal do Centro de Saúde da Parda, en Pontevedra, que durante estes días atendéronse numerosas chamadas interesadas en saber cando comezaba a campaña.
Os interesados en vacunarse poden solicitar unha cita específica a través da centralita telefónica do Sergas.
A campaña destínase sobre todo ás persoas con máis de 60 anos de idade, pero tamén aos cidadáns con enfermidades crónicas, aos nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de aspirina, mulleres embarazadas e afectados de obesidade mórbida.
O obxectivo é alcanzar o 65 por cento de cobertura entre a poboación en xeral e do 35 por cento entre os traballadores dos centros sanitarios, xa que na actual está por baixo do 60 e 30 por cento, respectivamente.
Relacionadas:
-
O Sergas inicia hoxe a vacinación contra a gripe que se prolongará ata o 20 de decembro
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Amplían a campaña da gripe ata final de mes para "protexer ás persoas que aínda non o puideron facer"
Por Redacción |
-
A gripe golpea o vestiario do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Chegou a gripe antes que as vacinas
Por Oskar Viéitez |