Denuncian prácticas de condución temeraria no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción
A veciñanza das rúas Igrexa e Augusto González Besada trasladou ao Partido Popular de Ponte Caldelas a súa preocupación pola presenza de condutores que circulan a velocidade excesiva e realizando acciones temerarias nesta zona.
Alertan de que as últimas prácticas deixaron marcas de pneumáticos na calzada. Ante esta sittuación, o PP trasladará esta preocupación tanto ao goberno local como á Garda Civil coa intención de que se extreme a vixilancia durante as noites dos venres e dos sábados para evitar que se repitan estas actuacións perigosas.
Tamén solicitan colaboración cidadá para que se identifiquen ás persoas que circulan desta forma por esta contorna para que poida ser apercibido ou sancionado pola súa conduta.
Os populares piden tamén que se reforce o número de axentes no cuartel da Garda Civil de Ponte Caldelas, ao entender que non teñen cubertos todos os efectivos previstos para este Concello.