O PP de Poio solicita a humanización da rúa Adro
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Poio segue a súa rolda de visitas polas diferentes parroquias e lugares do municipio, esta vez en San Salvador, na Rúa Adro.
O voceiro popular, Ángel Moldes, e o concelleiro Sergio Pereira, visitaron esta rúa no lugar de Porteliña despois de que residentes na zona puxéranse en contacto co grupo municipal popular queixándose polo abandono que sufre o vial.
Os populares pediron ao goberno local que humanice esta zona incorporando elementos de calmado de tráfico, e "que a manteñan limpa e non como está agora", indicou Pereira.
O PP levará esta petición ao Pleno deste mes xunto á demanda da construción dun parque infantil en A Porteliña.