Feijóo asegura que "sin fondos europeos, en Galicia no llegamos a fin de mes"
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta e candidato á reelección polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo asegurou que "sin fondos europeos, en Galicia no llegamos a fin de mes. Sin los fondos europeos no vamos a poder gestionar la comunidad autónoma".
Núñez Feijóo trasladou a súa preocupación diante da posibilidade de que a Comunidade poida perder fondos europeos no novo período 2021 2017. "Hace tiempo que no nos jugábamos tanto", sinalou nun acto organizado polo PP este martes en Marín co título xenérico de "Hablemos de Europa, falemos de Galicia".
Neste acto, que tivo lugar no Biblioteca Municipal, interviñeron, entre outros, os eurodeputados do PP, Francisco Millán Mon, Juan Ignacio Zoido e Dolors Montserrat. A eles instoulles o presidente da Xunta a defender a pesca e a agricultura galegas aínda que sinalou como máximo responsable do que ocorra en Bruxelas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
O presidente da Xunta puxo o foco sobre todo na situación do sector do mar e do agrario, "Si perdemos los fondos europeos os puedo asegurar que viviremos una segunda crisis", advertiu Núñez Feijóo.
"Si perdemos los fondos europeos os puedo asegurar que viviremos una segunda crisis", advertiu Núñez Feijóo
O presidente do Executivo galego indicou que a día de hoxe aínda "nuestro presupuesto son 500 millones de euros menos de los que tenía Galicia hace 11 años" polo que, se a isto súmase un recorte de fondos da Unión Europea que estima en 600 ou 700 millóns de euros do orzamento da Comunidade Autónoma, "os puedo asegurar que no llegamos a fin de mes".
O líder dos populares galegos lembrou que no anterior período de negociación o goberno español obtivo un resultado "excelente" que permitiu a Galicia manter o 85 por cento dos fondos europeos.
Feijóo reflexionou con que, debido á crise económica, Galicia non mellorou en converxencia, do mesmo xeito que o resto de comunidades de España, polo que "lo lógico" sería que se mantivesen os mesmos fondos. "¿Por qué ahora nos asomamos al precipicio de una caída abrupta de los fondos?", preguntouse respecto a os recortes do diñeiro da PAC para España, e ata o 80 % dos fondos de desenvolvemento rural e dos fondos de cohesión para Galicia.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín inicia en Santo Tomé de Piñeiro o seu plan de mellora de camiños rurais
Por Redacción |
-
Lupe Murillo repetirá, como número 5, na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Corina Porro e Alfonso Rueda escoltarán a Núñez Feijóo na candidatura do PP ás eleccións galegas
Por Redacción |