Un equipo multidisciplinar rehabilitará en primavera o xacemento de Santa María
Por Alejandro Espiño
Coa chegada da primavera, o Concello prevé reactivar o proxecto para rehabilitar o xacemento arqueolóxico de Santa María, que quedou danado tras o derrube parcial da coñecida como Torre dos Montenegro como consecuencia das choivas.
O edil de Urbanismo, Xaquín Moreda, explicou que a actuación xa está redactada "e só dependemos do tempo", xa que estes traballos precisan da "garantía" de que haxa boas condicións climatolóxicas.
Esta rehabilitación, segundo avanzou o goberno municipal, será executada por un equipo multidisciplinar de expertos, ante a importancia dos elementos patrimoniais sobre os que se deberá traballar.
Así, detallou Moreda, ademais dos operarios da empresa que resulte adxudicataria desta rehabilitación neste proxecto haberá un "control arqueolóxico" e un equipo de restauradores para tratar cos elementos máis delicados.
Os restos arqueolóxicos, que se atopan apontoados desde o pasado mes de decembro, precisarán, entre outras actuacións, unha nova cimentación e a reposición das pedras que se desprenderon polo temporal.
Relacionadas:
-
O estado de abandono das escaleiras de Santa María terá pronta solución
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A restauración dos restos da Casa-Torre dos Montenegro rematará a vindeira semana
Por Redacción |
-
A restauración da Torre dos Montenegro incluirá a consolidación dos restos da muralla
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello restaurará os restos da Torre dos Montenegro desprendidos pola choiva
Por Redacción |
-
As choivas provocan o derrubamento de parte da Torre dos Montenegro, no Campiño de Santa María
Por Redacción & Cristina Saiz |