Os Bombeiros mobilízanse polo incendio dun coche e un escape de gas
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra interviñeron este luns nun incendio nun vehículo e nun escape de gas. En ningún dos dous sucesos producíronse danos persoais.
A primeira das intervencións tivo lugar este mediodía na rúa do Pino, un vial sen saída que desemboca na avenida de Vigo á beira do supermercado Lidl.
Un curtocircuíto no sistema eléctrico dunha furgoneta provocou un incendio no seu interior. Segundo explicou o dono do vehículo, acababa de aparcar facía uns minutos cando se iniciou o lume. Os bombeiros tiveron que fracturar o cristal dianteiro para poder acceder ao interior da furgoneta.
ESCAPE DE GAS
Sobre as 17.40 horas os servizos de emerxencia foron alertados dun escape de gas no edificio números 39-41 da rúa Peregrina. No baixo deste inmoble atópase a cafetería Camiño e no primeiro piso a Xestoría Cobián.
Uns operarios romperon fortuitamente unha condución do gas provocando un escape. Os bombeiros procederon a cortar a subministración e realizaron medicións e comprobacións. A rúa permaneceu cortada ao tráfico durante a intervención.