O PP de Vilaboa responsabiliza ao goberno local da falta de policías locais
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular acusa ao Concello de Vilaboa de ser "nefasto" na xestión do servizo de Policía Local, pasando o municipio longos períodos sen axentes "e sen preocuparse por cubrilo".
O PP indica que os últimos efectivos teñen denunciado "problemas co goberno".
Os populares critican que o Concello ten a "clara intención de amortizar esas prazas para desviar o gasto a outras partidas" deixando a Vilaboa sen este "servizo básico".
Finalmente o PP lamenta esta "decisión política" e recomenda que se contrate a policías locais en comisión de servizo doutros municipios "xa que ata 2021 non podería solicitar unha oposición para cubrir estas prazas".
"Unha vez máis se actúa con falta de previsión e causándolle máis gastos ás arcas municipais", conclúen.