Licitadas as obras para crear a senda peonil entre Alba e San Caetano
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia recolle este xoves a licitación das obras para crear a nova senda peonil entre Alba e San Caetano na estrada PO-225. José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta, visitaba precisamente nesta xornada a parroquia pontevedresa de Alba, acompañado polo xefe territorial de Infaestruturas, José Luis Díez e polo xefe da Axencia de Infraestruturas, Manuel Ángel González, ademais de por veciños da parroquia.
Para abordar esta obra investiranse case 632.000 euros, entre os que se inclúe o pago a propietarios de 36 leiras necesarias para executar esta senda. A obra enmárcase dentro dos Fondos FEDER e no Plan de Seguridade Viaria da Xunta.
Trátase dunha senda de ao redor de 600 metros nas marxes da PO-225, conectando Alba e San Caetano, aproveitando o trazado do Camiño portugués a Santiago.
Rectificarase unha curva actual e mellorarase a seguridade, ademais de instalar unha pasarela de máis de 13 metros sobre o río Cortes para evitar o tránsito de peóns por un dos puntos estreitos da estrada.
O prazo de execución das obras será de seis meses. O levantamento de actas previas das expropiacións e os pagos de depósitos previos realizarase durante a primavera.
A intención da Xunta é que se incremente con esta obra a seguridade da veciñanza e dos peregrinos que realizan este trazado. A idea é que a senda se atope plenamente operativa durante o Xacobeo 2021.
Relacionadas:
-
As obras da nova senda de Alba a San Caetano obrigan a pechar a estrada PO-225 a partir do mércores 12
Por Redacción |
-
Inician os traballos de construción da senda peonil na PO-225 entre Alba e San Caetano
Por Redacción |
-
Vía libre para a expropiación de 25 leiras afectadas pola nova senda peonil da PO-531 en Alba
Por Redacción |
-
Así quedará a senda peonil entre Alba e San Caetano para a súa estrea no Xacobeo 2021
Por Redacción |