A veciñanza de Fernando Olmedo estrea novo mobiliario urbano
Por Redacción
O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, reuniuse esta semana con veciños da rúa Fernando Olmedo para decidir a colocación de bancos e cadeiras na praza creada entre as rúas Casimiro Gómez e A Seca.
Unha vez rematada a obra, estaba pendente da instalación de mobiliario público cuxa remesa chegou a pasada semana ao Concello.
A petición dos veciños, supervisada pola arquitecta técnica municipal, foi a instalación de tres bancos e a recolocación de dúas cadeiras, ademais do traslado dalgún dos tarros retirados en Benito Corbal para a zona. Esta última foi unha petición expresa dos residentes interesados en manter eles mesmos os tarros.
Demetrio Gómez agradeceu esta colaboración e o interese da veciñanza por participar no mantemento da nova praza.
O mobiliario público está colocado dende o venres.