Jacobo Moreira sobre Raimundo González: "Este concejal de Hacienda tiene la misma credibilidad que el señor Bárcenas"
Por Redacción
Luis Bárcenas converteuse en motivo de insulto ou polo menos como nome "comodín" para o ataque político. O voceiro do Partido Popular local, Jacobo Moreira, empregouno para criticar o concelleiro de Facenda del Concello de Pontevedra. Moreira indicou referíndose a Raimundo González que "ten a mesma credibilidade que o señor Bárcenas".
Neste sentido, o Partido Popular presentará no pleno do próximo martes 23 unha solicitude para que se ofreza un listado na web do Concello das empresas que facturan máis de 300.000 euros ao ano á Administración Local.
O PP busca, con esta proposta, que a cidade ocupe o último posto en transparencia informativa entre os concellos urbanos galegos, segundo a organización no Transparency Internacional.
Jacobo Moreira cre que é necesario que se mostre con claridade como se xestionan os recursos municiaples. E neste sentido, volveu criticar a actuación da concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, pola ocultación do aboamento á empresa Clece de servizos non prestados, ademais do pagamento de 40.000 euros de intereses de demora á empresa que realizou a reforma da avenida de Marín.
O PP presentará outras dúas mocións nese pleno. Unha delas centrarase en reclamar o goberno local que modere a presión fiscal sobre a Universidade de Vigo e a exima de aboar o IBI dos seus edificios no campus. "Pontevedra debe apostar pola educación" afirmou tras a xunta de voceiros.
A outra moción será para reclamar unha manifestación conxunta, por parte de todos os grupos municipais, de condena da corporación fronte ao terrorismo en xeral e en particular polo practicado por Resistencia Galega.
Escoita a Jacobo Moreira:
Relacionadas:
-
O pleno de Pontevedra declara á TVG como "medio de comunicación partidista e hostil" coa cidade
Por Redacción |
-
Goberno e oposición enrédanse polo pagamento dunhas facturas por servizos de axuda no fogar que non se prestaron
Por Oskar Viéitez |
-
O PP esixe publicidade para o listado de empresas que contrata o Concello
Por Redacción |