A Escola Naval será base dos helicópteros que vixien os incendios na Coruña
Por Redacción
A Escola Naval Militar será unha das bases dende a que operen os helicópteros H-500 da Armada na campaña de prevención de incendios Centinela Galego 2013, que se desenvolve en Galicia dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.
A Armada, á que lle corresponde a vixilancia dos montes na provincia da Coruña, activará un ou dous helicópteros no prazo dunhas 48 a 60 horas cando a Xunta de Galicia determine un nivel de risco de incendio alto ou moi alto. No primeiro caso, activaranse sete patrullas de vixilancia a pé e un helicóptero H-500, e no segundo, dez patrullas e dúas aeronaves.
Segundo informa o Ministerio de Defensa, as bases de despregamento destes aparatos pertencentes á Sexta Escuadrilla da Flotilla de Aeronaves da Armada serán a Escola Naval Militar e o Aeródromo Militar Lavacolla en Santiago de Compostela, en función de onde se oriente o esforzo da vixilancia.