O programa Caldelas Viaxa terá quinta edición a partir de marzo
Por Redacción
Caldelas Viaxa, o programa de excursións para a veciñanza de Ponte Caldelas, terá este ano quinta edición. Será a partir do 28 de marzo, día da primeira excursión, unha fin de semana a Asturias.
A viaxe será os días 28 e 29 de marzo e percorrerá Asturias con varias paradas para que os veciños de Ponte Caldelas que participan da excursión poidan coñecer e gozar de distintas paraxes e vilas como Santillana del Mar ou Gijón, onde pasarán a noite.
Os próximos destinos iranse desvelando en cada unha das excursión que se realice. En total, desde o inicio deste programa xa participaron máis de 3.000 persoas, que percorreron diferentes puntos de Galicia, Asturias e Portugal.
Estas excursións axudan a que as persoas maiores do concello poidan moverse e visitar novos lugares a un prezo reducido.