Os vándalos danan a varanda do viario de praias de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín denuncia a rotura de parte da varanda do vial de praias debido a un acto vandálico que se producía durante a xornada deste martes. Ademais, o goberno local anuncia que será necesario desenvolver traballos de limpeza e mantemento desta zona durante esta semana.
Os operarios da Fundación Juan XXIII serán os encargados de acometer estes labores e será necesario cortar o tráfico durante as xornadas do xoves 9 e do venres 10. O vial permanecerá cortado ao tráfico na mañá dos dous días, de 09.30 a 13.30 horas. Só vai permitirse o acceso ao autobús escolar.
Por outra banda, desde o goberno de María Ramallo laméntase a actividade vandálica nesta zona contra o mobiliario urbano e xa está a tramitar o arranxo dos paus afectados por esas accións.