O sorteo de La Primitiva deixa un premio de 110.000 euros en Portonovo
Por Redacción
Hai alguén en Portonovo que non puido comezar mellor o 2020. Farao con 110.867 euros no peto. É o dono ou dona do boleto agraciado no sorteo da Lotería Primitiva deste sábado.
Segundo informou Loterías e Apostas do Estado, o boleto foi selado na administración de lotería número 2 de Sanxenxo, coñecida como Elmar. Logrou un premio de segunda categoría, cinco números acertados máis o complementario.
A combinación gañadora deste sorteo foi o 1 - 2 - 22 - 27 - 30 - 44 e o complementario foi o número 36.
Ademais do de Portonovo, tamén foi validado un premio de segunda categoría na administración número 1 de Azuqueca de Henares (Guadalaxara).
Relacionadas:
-
Un apostante do sorteo do Euromillones gaña un millón de euros en Vilagarcía
Por Alejandro Espiño |
-
O sorteo da Lotería Primitiva deixa en Marín un premio de medio millón de euros
Por Redacción |
-
Cae un quinto premio, o 81610, no mesmo bar de Sanxenxo que vendeu un décimo do Gordo en 2018
Por Alejandro Espiño |